sábado, 17 de setembro de 2016

mércores, 14 de setembro de 2016

venres, 13 de maio de 2016

domingo, 28 de xuño de 2015

Festa e resume do curso 2014-2015

https://www.facebook.com/avoaescola

Nosa festa, parabéns ás crianzas e ás familias.

xoves, 14 de maio de 2015

No maio e nas letras 2015

Na Escola Infantil Avoaescola Ferrolterra promovemos a atención e aprendizaxe en galego, sumámonos -no día das letras galegas- a quen defende o noso idioma.

Desenvolvendo o proxecto “lendo en familia” cada neno/a leva ao seu fogar un conto para que xunto coa súa familia (pai, nai, avós, irmáns … ) se convertan en conta-contos e aprendan en galego.

Cada fin de semana unha mochila de lecer de Avoaescola acompañará a unha familia cun “súper conto” e recursos lúdicos. O “súper conto” semanal será a base para o traballo en valores da escola quedando a familia convidada a participar na actividade de contacontos no recuncho da lectura.


domingo, 30 de novembro de 2014

Contacontos da Avoa



O sábado 20 de decembro visitou O Apalpador a escola, contounos a súa historia e tróusolles agasallos ás nenas e nenos.


O 29 de novembro iniciamos os contacontos da Avoa (escola).
Pasámolo moi ben; recuncaremos ....

venres, 7 de novembro de 2014

Celebración do Samaín

SAMAÍN NA AVOAESCOLA
A semana pasada celebramos o Samaín con todos os nosos nenos e nenas e as súas familias. Os nenos e nenas da Avoaescola disfrazáronse e bailaron e os pais gozaron da pequena festa. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que poidades ver o ben que o pasamos.


luns, 29 de setembro de 2014

Benvido Outono!!!!


luns, 1 de setembro de 2014

Iniciamos curso


OFERTA DE APERTURA: día de proba GRATIS. Infórmate!!

Que é a "Avoaescola"?
É unha escola infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos, creada coa intención de achegar a lingua galega aos máis pequenos, xa que hoxe en día son poucos os que a escoitan habitualmente.

Que áreas traballamos?
 - Psicomotricidade.
 - Atención temperá.
 - Lecto-escritura.
 - Pensamento lóxico.
 - Capacidade afectiva.
 - Outras linguas: castelán, inglés e francés.
 - Coñecemento da natureza: horta ecolóxica.

Que servizos ofrecemos?
 - Atención individualizada respetando sempre as características de cada neno e nena.
 - Horario amplo (07.30 - 08.30 da tarde).
 - Orientación ás familias.
 - Talleres puntuais para nenos e nenas.

Noso web: www.avoaescola.com
Para matricularse e informarse:
http://galizacogalegoavoescola.blogspot.com.es/p/formulario.html

luns, 21 de abril de 2014

Aulas abertas

A Asociación Galiza co Galego e Avoaescola prácennos en convidalos á conferencia que impartirá Dª Alicia López Pardo co título de Aulas abertas, alternativas para aprender xunto@s e que terá lugar este xoves día 24 na Escola Infantil Avoaescola de Narón (no Alto do Castiñeiro,-cruce da Faísca) a partir das cinco e media da tarde.


Alicia López Pardo, mestra, membro do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, ex-orientadora de Preescolar na Casa e colaboradora de Galiza co Galego / Avoaescola;
é coautora do método de lectura e escritura en lingua galega Chirlo Merlo e como mestra dinamizadora da Escola Infantil de Vixoi foi merecedora do recoñecemento europeo polo seu traballo “compartindo experiencias” entre as crianzas e os maiores.
Alicia López Pardo ten unha brillante e dilatada traxectoria profesional - de máis de 30 anos- que abrangue actividades dende o ensino infantil ao universitario, de recoñecido prestixio en Galiza e a nivel internacional.